descripción - situación - características - album de fotos - contacto
Galego Español English Portugês
DESCRIPCIÓN

Este aloxamento rural en Gondomar é unha estancia independiente dun moderno chalet situado na aldea de Donas, a tan só 5km de Baiona. A súa situacion a fai idónea para aqueles que busquen a tranquilidade dun espazo rural sen renunciar ao animoso ambiente dunha das zonas mais turísticas e mimadas das rías baixas.

A rehabilitación da estáncia partiú do que fora unha antiga corte, da que só ficaba a fachada principal de pedra. A súa restauración respetoú os elementos máis característicos desta: a súas tres portas de dobre folla, típicas das casa de aldea galegas, e as xanelas. O teito foi engadido deixando as vigas de madeira ao descoberto, aumentando en altura e permitindo a entrada de máis luz.

A estancia composta de máis de 60 m2 entre habitación, cuarto de baño e salón, conta tamén cunha ampla zona axardinada.

SITUACIÓN

A casa está situada a tan só 5 Km da autopista AG-57 (saída 10 - A Ramallosa), a menos de 10 minutos das praias principais da comarca (Praia América, Patos,..), a menos de 5 minutos de Baiona e menos de 20 minutos de Vigo.

A parroquia de Donas encóntrase no municipio de Gondomar, a 18 kilómetros Vigo (Pontevedra). Mirando á baia de Baiona polo este, sobre a que se gozan vistas espectaculares especialmente ao solpor.

Magníficamente comunicada a través da autopista das rías baixas, que desemboca en Baiona, o visitante non terá dificultade ningunha ao se achegar ás nosas costas. Ademáis, durante a tempada de verán, un completo servizo de autobuses líganos coa cidade de Vigo en menos de 30 minutos.

Pola súa situación entre a praia e a montaña, ofrece a posibilidade de gozar de actividades como vela, surf, sendeirismo, rotas a cabalo, aluguer de bicis, pozas de río para baño. Próximos están os restos arqueolóxicos "Pedra Moura" (a escasos 5 minutos andando) ou un dos emprazamentos prehistóricos máis grandes e de mellor conservación de Galiza "O Chan do Cereixo", zona de abuntante monumentos e petroglifos desta época.

Ligazóns de interese
GPS:
Lonxitude: W 8°47'34.53''
Latitude: N 06'05.32''

Mapas:
Google Maps
Buscar direccións

Como chegar:
Desde AG-57 (Saída 10/ A Ramallosa)
Desde A Ramallosa
Desde Gondomar

Praias:
Zona Nigrán
Zona Baiona

Distancias:
Gondomar: 2,5 Km
Baiona: 3,5Km
Nigrán: 4,3Km
Panxón: 5,7 Km
Tui: 13Km
Porriño: 11Km
Vigo: 15Km.
CARACTERÍSTICAS

Interior: Sala de estar, cuarto de baño, habitación, chimenea, televisión, equipo de música.
Idiomas: Galego, Castelán, Inglés, Portugués e Francés.
Exterior: Patio, piscina e xardín.
Servizos baixo demanda: Pequeno almorzo, berce e camas supletorias.
Situación: Acceso por estrada, preto de praias, ás aforas da vila da Ramallosa.
Tarifas: 60Eu por noite (pequeno almorzo incluido).15Eu por cama supletoria.
Capacidade máxima de 5 persoas.

NON SE PERMITEN ANIMAIS

Calendario de dispoñibilidade
Alcoucer N9A - Donas, Gondomar(Pontevedra)
Tel. 986 150 086 - 665 210 559 - 657 057 138 - 616 401 260 || acasadavella@gmail.com